axiomático -ca

< axioma
Plural: axiomáticos Masculino: axiomático Masculino plural: axiomáticos Feminino: axiomática Feminino plural: axiomáticas
  1. adx Relativo ou pertencente a un axioma.
  2. adx Que é evidente.
  3. s f FILOS/MAT Estudo das condicións que debe satisfacer o conxunto das proposicións ou axiomas que forman o punto de partida do desenvolvemento lóxico dunha ciencia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].