axente

< lat agens -ntis ‘o que fai’
Plural: axentes
  1. adx Que desenvolve unha acción.
  2. s Persoa que ten a misión de obrar en representación de alguén.
  3. s m Poder ou causa activa que produce un efecto ou un fenómeno determinado.
  4. s m DER Aquel que executa actos que poden producir ou producen efectos xurídicos
  5. s m LING
    1. Aquel ou aquilo que realiza a acción expresada polo verbo.
    2. Complemento do verbo en voz pasiva, introducido xeralmente pola preposición por, que expresa a cousa ou persoa que realiza a acción.
  6. s m LIT Papel actancial, segundo a tipoloxía de Greimas, desempeñado polos personaxes que cumpren determinados procesos ou accións.
  7. axente antiinfeccioso BIOQ Substancia química natural ou de síntese que evita o desenvolvemento ou que é quen de eliminar os microorganismos patóxenos específicos dun proceso infeccioso.
  8. axente comercial DER Persoa que pola súa profesión fai de intermediario en operacións comerciais de compra-venda de mercadorías.
  9. axente de cambio e bolsa ECON Profesional que actúa como mediador nas transmisións de títulos-valores cotizables na bolsa.
  10. axente de policía Membro da policía.
  11. axente dobre Axente secreto ao servizo de dous gobernos rivais, que pasa información manipulada a un dos dous países para conseguir as informacións verdadeiramente interesantes para o outro país.
  12. axente secreto Persoa que realiza misións de espionaxe e de contraespionaxe.

Citas

  • A empresa mandou os seus axentes comerciais polas casa para vender mellor o producto
  • A folla do libro foi rachada polo neno (construcción pasiva onde neno
  • complemento do verbo
  • Debemos ter coidado con estes axentes químicos que poden provocar grandes catástrofes
  • é o axente)
  • é o axente) fronte a O neno rachou a folla do libro (construcción activa, onde neno
  • Luís le un libro, onde Luís é o axente
  • O suxeito axente do crime conseguiu escapar sen deixar rastro
  • suxeito