axencia

< lat agentĭa agens -ntis ‘o que fai’
Plural: axencias
  1. s f Empresa dedicada a xestionar asuntos alleos ou prestar servizos como intermediaria.
  2. s f Lugar onde está establecida unha empresa dedicada a xestionar asuntos ou prestar servizos.
  3. s f Oficio ou encargo de axente.
  4. s f Establecemento secundario dunha empresa.
  5. s f ADM Contrato polo que unha parte asume o encargo de levar adiante, en nome e por conta doutro e a cambio dunha retribución, a conclusión en exclusiva de contratos nunha zona determinada.
  6. axencia de modelos COMUN Empresa de servizos que ofrece modelos e actores para anuncios publicitarios ou actos públicos.
  7. axencia de prensa COMUN Organización que centraliza as informacións periodísticas recollidas polos seus correspondentes nos lugares onde se producen os acontecementos, clasificándoas e transmitíndoas ás empresas subscritas.
  8. axencia de publicidade COMUN Empresa comercial dedicada a crear, planificar e difundir campañas publicitarias.
  9.   TRANSP Empresa de servizos dedicada ao traslado de mercadorías dun lugar a outro.
  10. axencia de valores ECON Compañía que actúa na mediación financeira e noutros servizos que poden formar parte dunha bolsa.

Citas

  • Fun a unha axencia inmobiliaria para que me buscasen un piso de aluguer

Palabras veciñas