aventura

< fr aventure
Plural: aventuras
  1. s f Feito extraordinario que lle acontece inesperadamente a alguén.
  2. s f Actividade de dubidoso ou arriscado éxito.
  3. s f Relación amorosa de curta duración que normalmente non implica compromiso.

Confrontacións

Citas

  • Embarcouse nunha aventura perigosa cando se aliou con aquela cuadrilla da mafia
  • Onte fomos de excursión e pasamos un día cheo de aventuras
  • Tivo unha aventura cun home maduro o inverno pasado