auxiliar

< lat auxiliāris
Plural: auxiliares
  1. adx Que presta os seus servizos nun traballo, acción ou función.
  2. adx LING Aplícase ao termo incidental que só pode ser entendido cando se atopa relacionado cun termo principal ao cal se adxunta.
  3. s Persoa que axuda a outra nun traballo.
  4. auxiliar de voo Persoa destinada nun avión a atender os pasaxeiros e a tripulación.
  5. corpo auxiliar BÉL Unidade non combatente.
  6. tropas auxiliares BÉL Tropas que combaten a carón das regulares dun ou máis estados en situación bélica formal, xeralmente formadas sobre a base de voluntarios.

Citas

  • Aprobou a oposición de auxiliar de biblioteca
  • Hai certas embarcacións que precisan da axuda de motores auxiliares
  • Traballa como auxiliar no instituto Rosalía de Castro