autoxiro

< auto- + xiro
Plural: autoxiros
  1. s m AERON Aparello voador no que a sustentación se obtén mediante un rotor provisto de varias aspas que fan a función de ás e que xira sen acción do motor mediante o fenómeno de autorrotación. Ex: Os autoxiros aterraban case que de forma vertical.

Confrontacións

Citas

  • Os autoxiros aterraban case que de forma vertical.