autor -ra

< lat auctōre ‘o que aumenta’
Plural: autores Masculino: autor Masculino plural: autores Feminino: autora Feminino plural: autoras
  1. s Persoa que realiza algunha cousa.
  2. s LIT Produtor orixinal dunha obra artística.
  3. s BIOL Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.
  4. s DER Persoa que participa nun delito ou falta mediante a execución directa do feito punible.
  5. dereitos de autor DER Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que corresponden aos  autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística.

Citas

  • A autora deste cadro é unha veciña miña
  • O autor do asasinato está en liberdade