autografía

< autógrafo
Plural: autografías
  1. s f Técnica tipográfica e litográfica de reprodución, na que o molde de impresión se obtén por medio dunha transferencia directa do debuxo ou da escritura por riba da prancha.
  2. s f Reprodución obtida por este procedemento.