acetina

< lat acētu ‘vinagre’
Plural: acetinas
  1. s f QUÍM Líquido basto, incoloro, soluble na auga e no alcohol, que se emprega nas industrias de explosivos e colorantes.
  2. s f QUÍM Líquido higroscópico, soluble na auga e no benceno, que se emprega como plastificante e disolvente de resinas artificiais.
  3. s f QUÍM Líquido incoloro, lixeiramente soluble na auga, soluble en alcohol, que se emprega como plastificante en perfumaría e cosmética.