autarquía

< gr α ὐ τάρκεια ‘autosuficiencia’
Plural: autarquías
  1. s f Estado ou calidade do que se basta a si mesmo.
  2. s f ECON Situación teórica de economía autosuficiente respecto do exterior, que esixe o autoabastecemento, o proteccionismo industrial e a supresión das importacións.
  3. s f POLÍT Calidade da organización política autosuficiente.
  4. s f XEOG/ADM Entidade local autónoma, en Portugal, auxiliar e descentralizada da administración pública que está suxeita a fiscalización e tutela do estado, e posúe patrimonio e recursos propios.