auriñacense

< topónimo Aurignac
Plural: auriñacenses
  1. adx Relativo ou pertencente ao Auriñacense.
  2. s m ARQUEOL Tecnocomplexo lítico do Paleolítico Superior localizado en Europa e Asia, que conviviu en tempo e espazo coa tradición perigordense, e que para algúns autores supón a incorporación a Europa do Homo sapiens moderno que avanzou desde  Próximo Oriente.

Palabras veciñas