auga

< lat aqua
Plural: augas
  1. s f QUÍM Composto formado por hidróxeno e osíxeno que se atopa na natureza en forma de vapor, líquido ou sólido, e que constitúe, aproximadamente, unhas tres cuartas partes en peso da codia terrestre. Tamén forma parte dos tecidos de animais e plantas.
  2. s f Elemento líquido que chega das nubes en forma de chuvia.
  3. s f Cada unha das vertentes do tellado.
  4. s f pl O mesmo líquido cando ofrece algunha propiedade curativa e, por extensión, o lugar onde se poden beber ou bañarse nelas.
  5. ALIM/QUÍM
    1. auga carbónica Auga gasosa que contén disolto dióxido de carbono e ácido carbónico libre.
    2. auga gasosa Auga que contén gases na disolución.
    3. auga mineral Auga de fonte que ten características especiais de composición que lle confiren certas propiedades terapéuticas.
    4. auga potable Auga apta para a alimentación ou para a preparación e elaboración de alimentos.
  6. BIOL
    1. auga de imbibición Auga que ocupa, nos organismos vivos, os espazos libres nos xeles de moléculas proteicas.
    2. auga metabólica Auga resultante dos procesos metabólicos.
  7. IND
    1. augas fecais/negras Augas residuais dunha poboación.
    2. augas residuais Augas que conteñen residuos procedentes da industria ou de núcleos de poboamento humano.
  8. MAR
    1. augas internacionais Espazos marítimos que non forman parte do mar territorial ou das augas interiores.
    2. augas xurisdicionais Antiga denominación de mar territorial ou espazo marítimo sometido á soberanía dun estado.
  9. QUÍM/MED
    1. auga albuminosa Auga mesturada con claras de ovo, que se emprega como antídoto en intoxicacións por vía gástrica.
    2. auga aromática destilada Nome xenérico das solucións acuosas obtidas destilando con auga ou ao vapor certas plantas e flores.
    3. auga branda Denominación técnica da auga doce que contén en solución cantidades baixas ou nulas de ións, calcio, magnesio ou doutros metais pesados.
    4. auga de colonia Auga cun cheiro baseado, principalmente, en esencias de cítricos, utilizada como perfume e como cosmético.
    5. auga de constitución Auga que en proporción fixa vai unida directamente por enlace de coordinación ao átomo central do catión, ou ben unida por enlace hidróxeno ao anión ou a un coordinante do anión se este é complexo.
    6. auga de cristalización En sentido extenso, a totalidade da auga dos hidratos formados por evaporación ou arrefriamento de solucións acuosas.
    7. auga de lavanda Auga de olor a base de arzaia.
    8. auga de rosas Auga aromática destilada obtida a partir de rosas frescas.
    9. auga destilada Auga de pureza elevada, obtida a partir da auga natural por destilación.
    10. auga dura Denominación técnica dunha auga doce que contén en solución cantidades importantes de ións Ca 2+ ou Mg 2+ ou doutros metais pesados.
    11. auga esterilizada Auga liberada de toda clase de organismos vivos.
    12. auga ferruxinosa Auga que contén en solución compostos de ferro.
    13. auga osixenada [H 2 O 2 ] Peróxido de hidróxeno, de grande aplicación na industria téxtil, química e papeleira. Tamén se utiliza como antiséptico e desinfectante.
    14. auga pesada Cada unha das variedades isotópicas da auga, principalmente óxido de deuterio, formado por deuterio e osíxeno ordinario.
    15. auga pícrica/auga amarela Solución acuosa ao 0,5% de ácido pícrico. Pola súa acción cicatrizante emprégase contra as queimaduras.
    16. auga rexia Mestura fortemente oxidante dun volume de ácido nítrico e de 3 ou 4 volumes de ácido clorhídrico.
    17. augas amoniacais Solución acuosa obtida nas fábricas de gas que destilan hulla e nos fornos de coque, que contén amoníaco libre e sales amoniacais.
    18. augas nais Solución que queda en contacto cos cristais ao cristalizar unha substancia disolta.
  10. RELIX
    1. auga bautismal Auga preparada con óleo dos catecúmenos e crisma.
    2. auga bendita Auga preparada con sales que o sacerdote bendice na igrexa.
  11. XEOL/METEOR/MAR
    1. augas continentais/doces Augas que, procedentes das precipitacións atmosféricas, corren, quedan acumuladas na superficie dos continentes ou se filtran e pasan a ser subterráneas.
    2. augas subterráneas Augas que se atopan baixo a superficie da terra.
    3. auga artesiana Auga procedente dun pozo artesiano.
    4. auga capilar Parte da auga do solo mantida no seu lugar polas forzas capilares.
    5. auga choca Auga que está encorada e non se pode beber por atoparse en estado de descomposición.
    6. auga de fusión Auga resultante da fusión da neve ou do xeo.
    7. auga de mar/salgada Auga que contén diversos sales en solución e que forma os mares e os océanos.
    8. auga de neve Chuvia e neve miúdas mesturadas.
    9. auga de retención Auga que queda enerxicamente retida sobre as paredes dos capilares, unha vez absorbida toda a utilizable polas raíces.
    10. auga freática Auga subterránea da zona saturada que está sometida á presión atmosférica.
    11. auga meteórica Auga da atmosfera depositada na terra por efecto dos meteoros como a chuvia, a neve, a sarabia, o orballo e a xeada.
    12. auga miúda Chuvia fina.
    13. auga termal Auga que abrolla a temperatura superior á do ambiente con propiedades terapéuticas.
  12. auga chirla Calquera caldo ou bebida sen forza nin substancia.
  13. auga de València Cóctel alcohólico obtido da mestura de viño espumoso con zume de laranxa.

Sinónimos

Citas

  • Estas mazás teñen moita auga
  • O vestido fai unhas augas pola parte de abaixo

Frases feitas

  • Afogarse en pouca auga. Ver grandes atrancos sen motivo.
  • Como auga abaixo/arriba. Que
  • Botar/verter augas. Mexar.
  • Caer unha zarapilda/unha zarracina de auga. Caer unha treboada.
  • Chover a Deus dar augas. Chover moito.
  • Claro como a auga. Que se imp
  • Coller auga cun/nun cesto/cribo/cunha criba. Facer algunha cousa en balde.
  • Como auga de maio. Que
  • Deixar correr a auga. Seguir unha opini
  • Escribir na auga. Realizar un labor in
  • Estar como peixe na auga. Estar c
  • Facer auga. Entrar auga nalgunha embarcaci
  • Facer unha raia na auga para que non se desfaga. Pretender unha cousa que non
  • Levar a auga os dentes. Estar moi fr
  • Navegar nas mesmas augas. Ter as mesmas ideas.
  • Nin auga. Indica carencia total.
  • Non dar unha sede de auga. Negar o auxilio a algu
  • Non haber nin cruz nin auga bieita. Lugar con xente non relixiosa.
  • Non mazca a auga.
  • Non merecer un vaso de auga. Non merecer nada.
  • Non ter para sal nin auga. Non ter cartos, estar na pobreza.
  • Quedar algunha cousa en augas de bacallao. Non resultar nada dalgunha acci
  • Querer o sol na porta e a auga na horta. Querer s
  • Remexerse na auga. Solucionar con audacia os problemas que van xurdindo.
  • Ser auga pasada. Dise das cousas que perderon importancia
  • Ser auga que dorme. Dise da persoa que ten mal xenio e non o aparenta.
  • Ser como auga corrente. Dise do que non
  • Ser un augas mornas. Ser desganado.
  • Vai tornar a auga. Dise cando algu
  • Vai tronar que fai falta auga. Dise cando algu

Refráns

  • A auga corrente non mata a xente.
  • A auga é menciña para aquel que é da vida.
  • A auga enriba de mel sabe mal e fai ben.
  • A auga fai a horta.
  • A auga fai mal e o viño fai cantar.
  • A auga fervida ten man da vida.
  • A auga molla por onde pasa.
  • A auga no forno tras da fariña vai.
  • A auga non creba óso.
  • A auga non emborracha nin enferma nin entrampa.
  • A auga non empobrece nin envellece.
  • A auga non enferma nin embebeda.
  • A auga non ha ter olor nin cor nin sabor, para que, ao bebela, saiba mellor.
  • A auga sen cor, sen sabor, sen olor e ha de ver o sol.
  • Auga atoldada non fai espello.
  • Auga boa non enferma nin estorba.
  • Auga clara lava ben a cara.
  • Auga cocida alonga a vida.
  • Auga corrediza non leva malicia.
  • Auga corren te merda non consente.
  • Auga de candea a ninguén se nega.
  • Auga e leña cada día veña.
  • Auga emborcada, pouco aproveitada.
  • Auga en "aúnas", ou moita ou ningunha.
  • Auga limpa non lixa.
  • Auga panada, feita e tomada.
  • Auga parada está envelenada.
  • Auga que corre non mata o home. ¡
  • Auga que corre, nunca mal colle.
  • Auga quente, saúde para o ventre.
  • Auga, a da serra; sombra, a da pedra.
  • Auga, da serra; pan, do que se malla na eira.
  • Bebeu auga do xuncal: sóubolle ben e fíxolle mal.
  • Ben boa é a auga que non custa nada e non emborracha.
  • Boa é a auga, que cando hai sede dela custa pouco ou nada.
  • Borracheira de auga non emborracha.
  • Con auga, non hai terra mala.
  • Non hai auga máis mala cá que dorme.
  • O que a auga trae, a auga leva.
  • O que con auga se cura, pouco dura.
  • Quen con augas se cura, moito non dura.
  • ¡Auga, auga: que se queima a fragua!
  • ¡Auga, que arde a casa!