< ár at-tūn ou at-tunn lat thŭnnus gr ϴ ύννος ‘atún’
Plural:atúns
smANIMAL/ICTPeixe, da familia dos escómbridos, que se caracteriza por presentar corpo fusiforme, coroado por dúas aletas dorsais, e que engloba 48 especies de distribución mundial. Trátase de especies peláxicas de costumes migratorias, xeralmente gregarias.
atún brancoANIMAL/ICTAtún pequeno, da familia dos escómbridos, que presenta unha longa aleta pectoral. OBS: Tamén se denomina bonito.
atún patudoANIMAL/ICTAtún de gran tamaño, da familia dos escómbridos, propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.
atún rabilANIMAL/ICTAtún, da familia dos escómbridos, que se caracteriza polas pínnulas amarelas que presenta cerca da cola.
atún vermelloANIMAL/ICTAtún, da familia dos escómbridos, que habita no Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico.