atracción

< lat attractione
Plural: atraccións
  1. s f Acción e efecto de atraer.
  2. FÍS
    1. s f Forza entre corpos sometidos a unha interacción atractiva.
    2. lei da atracción universal/da gravitación universal Lei establecida por Newton que di que dous puntos materiais, de masa m e m’, separados por unha distancia r, exercen o un sobre o outro unha forza de atracción f = Gmm’/r 2 (onde G é a constante de gravitación).
  3. ESPECT
    1. s f Cada parte dun espectáculo en circo e en variedades.
    2. atracción de feira Máquina ou xogo que serve para divertir á xente.
  4. s f Cousa ou persoa que atrae a atención dos demais.
  5. s f LING Fenómeno polo que unha palabra ten tendencia a asimilarse morfoloxicamente a outra, cando ambas as dúas teñen unha relación sintáctica.
  6. atracción local MAR Cambio brusco de dirección das liñas isóxenas en determinados lugares próximos a formacións xeolóxicas de certos minerais metálicos a causa da acción magnética destas.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • As fermosas praias das Rías Baixas son a grande atracción para os turistas, Aquel inesperado espectáculo era a atracción da festa
  • Os nenos quedaron sorprendidos coas atraccións do circo, A sala de festas contratou unha atracción para a festa de fin de ano
  • Sentía unha forte atracción polas situacións de perigo
  • Subín en todas as atraccións da feira

Refráns

  • O lume, a cama e o amor non din: ¡Vaite ao teu labor!
  • Vai o ben ao ben e o mal queda para que n o ten.
  • Vaise o ben ao ben e as abellas ao mel.
  • Xa está feita a metá, porque anque ela non queira, eu quera xa.