atomismo

Plural: atomismos
  1. FILOS
    1. s m Doutrina filosófica iniciada por Leucipo que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro.
    2. atomismo lóxico Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato, que son o residuo último da análise lóxica.
  2. s m PSIC Conxunto de teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos.