ático -ca

< gr Ảττικός ‘ático’
Plural: áticos Masculino: ático Masculino plural: áticos Feminino: ática Feminino plural: áticas
  1. adx Relativo ou pertencente á Ática ou aos  seus habitantes.
  2. adx Relativo á antiga Ática; por extensión, a Atenas e aos  atenienses.
  3. adx Aplícase ao estilo literario ou artístico puro, simple e dunha elegancia refinada.
  4. s Natural ou habitante da Ática.
  5. s m LING Dialecto grego falado en Atenas na época clásica. O ático converteuse en lingua literaria na época da hexemonía ateniense.
  6. cerámica ática ARQUEOL Cerámica elaborada na Ática da Antigüidade que se caracteriza por unha decoración xeométrica e que data de 900 a 700 a C.
  7. fase ática XEOG Fase tectónica do ciclo neoalpino.