atentado

< lat attentātu ‘atentado contra’
Plural: atentados
  1. s m Tentativa criminal contra a autoridade, contra un país ou contra algunha persoa, xeralmente por motivos políticos.
  2. s m fig Acto de carácter moral ou sen violencia física feito coa intención de danar algunha cousa.
  3. s m DER Delito que consiste no uso de violencia, ameazas e resistencia contra as autoridades cando obran en execución das leis ou no exercicio das súas funcións.

Citas

  • A publicación dese artigo considérase un atentado contra a moral
  • Matar lobos é un atentado xa que actualmente é unha especie en extinción, Preparaban un atentado contra o presidente do goberno