asunción

< asumir
Plural: asuncións
  1. s f Acción e efecto de asumir.
  2. s f RELIX Festa que celebra Igrexa Católica para conmemorar a elevación da Virxe María ao ceo. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
  3. s f FILOS
    1. Premisa menor dun siloxismo.
    2. Proposición admitida, sen demostración, para probar outra.

Sinónimos

Citas

  • A asunción das responsabilidades foi a principal preocupación do novo goberno
  • Polas festas da Asunción sempre vén unha orquestra moi boa

Palabras veciñas