astigmatismo

< a- + gr στίγμα -ατος ‘punto’ + -ismo
Plural: astigmatismos
  1. s m PAT Alteración da refracción do ollo, como consecuencia de que as distancias focais dos diferentes meridianos do globo ocular non son iguais.
  2. s m FÍS Aberración dun sistema óptico que consiste no feito de que a imaxe dun punto obxecto non é un punto senón dúas rectas (rectas focais de Sturm), perpendiculares entre si.