asma

< lat asthma gr ἄ σ ϴ μα ‘respiración dificultosa’
Plural: asmas
  1. s f PAT Doenza ou estado patolóxico no que predomina un estreitamento das vías respiratorias, xeralmente con contracción dos músculos bronquiais, e de carácter episódico.
  2. asma bronquial PAT Doenza caracterizada por un aumento da reactividade da tráquea e dos bronquios a diversos estímulos que provoca un estreitamento xeneralizado das vías aéreas.
  3. asma cardíaca PAT ariedade de dispnea paroxística de carácter asmático que presentan os afectados de insuficiencia cardíaca esquerda.