asesor -ra

Plural: asesores Masculino: asesor Masculino plural: asesores Feminino: asesora Feminino plural: asesoras
  1. adx Que se encarga, polo seu coñecemento especial dun asunto ou materia, de dar un consello, de ilustrar ou de asistir nunha tarefa, empresa ou decisión. Tm s.
  2. s m HIST/ADM Oficial de creación real (s XIV) que, xuntamente co alguacil, escribán e porteiro, constituía a curia do gobernador xeral da Coroa de Aragón.