ascotecio

< gr ἀ σκός ‘fol’ + -tecio
Plural: ascotecios
  1. s m MICOL Tipo de peritecio formado por filamentos producidos polo pé do ascogonio, que envolve un grupo de ascos e de paráfises ascendentes. Adoitan ter forma de ampola e ábrense por un ostíolo.