ascensión

< lat ascensione
Plural: ascensións
  1. s f Acción e resultado de ascender.
  2. s f RELIX Subida corporal de Cristo ao ceo desde o monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
  3. ascensión capilar XEOL Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo.
  4. ascensión recta ASTRON Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte.
  5. ascensión recta do cénit ASTRON Medida de tempo baseada no movemento da Terra respecto ás estrelas. OBS: Tamén se denomina hora sideral.
  6. máximo de ascensión ASTRON Círculo horario definido no sistema de coordenadas ecuatoriais.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A ascensión ata a cima da montaña resultou máis difícil do que contabamos