zodíaco

< lat zodiăcu gr ζωδιακός
Plural: zodíacos
  1. s m ASTRON Banda da esfera celeste, atravesada lonxitudinalmente pola eclíptica, que a divide en dúas metades iguais. Os antigos consideraban o zodíaco dividido en 12 rectángulos, coñecidos como signos ou constelacións, e chamados Aries, Tauro, Xémini, Cáncer, León, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces.
  2. s m Gráfica circular onde están representados os signos zodiacais.

Palabras veciñas