zírida

< antropónimo Banū Zīrī
Plural: zíridas
  1. adx Relativo ou pertencente á tribo zírida.
  2. s ETN/HIST Membro da tribo zírida.
  3. s m pl ETN/HIST Tribo bérber dos Banū Zīrī, que despois de pasar o estreito de Xibraltar (s X) e de loitar no exército de Almanzor, gobernaron a Taifa de Granada como dinastía, desde a caída do Califato de Córdoba (1009) ata a conquista almorábide (1090).