zapateiro -ra

Plural: zapateiros Masculino: zapateiro Masculino plural: zapateiros Feminino: zapateira Feminino plural: zapateiras
  1. adx Relativo ou pertencente aos zapatos.
  2. s Persoa que fai, vende ou arranxa zapatos.
  3. s m Moble feito especialmente para gardar zapatos.
  4. s m ANIMAL/ENTOM Insecto, que pertence aos xéneros Gerris, Velia ou Hydrometra, da orde dos heterópteros, de cor negra e patas moi longas, que se desliza sobre a superficie da auga.

Refráns

  • O zapato do amigo, moito pez e ben cosido.
  • O zapato do amigo, pouco pez e mal cosido.
  • Zapato de amigo, a sola queimada e o fío podrido.