zapata

< zapato
Plural: zapatas
  1. s f MAR Peza de madeira, fixada á roda de proa dunha embarcación, que serve de reforzo.
  2. s f Peza de madeira do freo do carro que está colocada na parte curva sobre a camba da roda co fin de freala impedíndolle a viraxe.
  3. s f AUTOM/TECNOL Peza que ao ser aplicada con forza sobre un móbil, reduce a súa velocidade ata frealo.
  4. s f CONSTR Bloque que transmite ao terreo a carga que recibe mediante o ensanche da superficie respecto do elemento construtivo sostido.
  5. s f CONSTR Pedra interior da soleira da porta.
  6. s f CONSTR Peza horizontal posta enriba dun pau dereito ou dunha columna que soporta unha trabe ou outro elemento horizontal.
  7. s f ANIMAL/ICT Peixe cartilaxinoso, da familia dos esciliorrínidos, que ten o corpo alongado, fociño comprimido e estreito, fendas branquiais moi pequenas e aletas pélvicas pequenas e angulares.