asalto

< salto
Plural: asaltos
  1. s m Acción e efecto de asaltar.
  2. s m BÉL Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.
  3. s m DEP Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.
  4. s m DEP Acometida que, en esgrima, se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

Sinónimos

Citas

  • Foi condenado por asalto a man armada
  • O asalto á fortaleza inimiga puxo fin aos enfrontamentos entre os exércitos
  • O boxeador galego gañou en tres asaltos