xunta

< xuntar
Plural: xuntas
  1. s f Reunión de persoas que tratan sobre un tema.
  2. s f Grupo de persoas que dirixen, administran e gobernan unha comunidade.
  3. s f Parella de animais que tira dun carro.
  4. s f ANAT articulación.
  5. xunta de dilatación TECNOL Elemento de unión entre dous obxectos que pode absorber os esforzos que aparecen coas variacións da lonxitude producidas por efectos térmicos.
  6. xunta de portavoces POLÍT Órgano interno do parlamento composto polos voceiros dos grupos parlamentarios baixo a dirección do presidente da asemblea lexislativa.
  7. xunta municipal DER Organismo de actuación municipal.
  8. xuntas revolucionarias HIST Xuntas constituídas en 1868, despois de triunfar a sublevación contra o réxime de Isabel II. Estaban formadas por membros dos partidos máis moderados como unionistas, progresistas e conservadores.

Sinónimos

Palabras veciñas