xordo -da

<
Plural: xordos Masculino: xordo Masculino plural: xordos Feminino: xorda Feminino plural: xordas
  1. adx Que está privado do sentido do oído. Tm s.
  2. adx LING Que se articula sen vibracións das cordas vocais.
  3. adx Aplícase ao son apagado que non se manifesta con claridade.
  4. adx Que non quere escoitar exhortacións ou consellos.
  5. adx PAT Aplícase á dor persistente, non aguda.

Citas

  • Sentín unha dor xorda

Refráns

  • Non hai peor xordo có que non quere oír.