sm plETN/HISTGrupo de pobos indoeuropeos que habitaban Xermania, cuxa cultura primitiva parece que se pode identificar cunha civilización do Bronce Final de orixe escandinava.
linguas xermánicasLINGGrupo de linguas indoeuropeas que adoitan dividirse en tres subgrupos: o oriental, xa extinguido; o setentrional ou escandinavo, que comprende o islandés, o noruegués, o dinamarqués e o sueco; e o occidental, que comprende o inglés, o frisón, o neerlandés, o fráncico, o baixoalemán e o altoalemán.
estilo xermánicoXEOLFormación tectónica que se orixinou nas zonas cratónicas, e que se caracteriza pola presenza de numerosas fracturas e a ausencia de dobramentos.