xeración

< lat generatĭōne
Plural: xeracións
    1. s f Acción e efecto de xerar.
    2. xeración espontánea BIOL Teoría que propón que determinados animais poden orixinarse a partir de materia inorgánica.
  1. s f Conxunto de membros dunha familia co mesmo grao de parentesco respecto a unha parella.
  2. s f
    1. Conxunto de persoas que viven nunha mesma época.
    2. DEMOG Conxunto de persoas que nacen no mesmo ano.
    3. LIT Grupo de escritores que se agrupan por características comúns.
    4. SOCIOL Conxunto de poboación determinada por unhas marxes de idade.

Sinónimos