xeorxiano -na

Plural: xeorxianos Masculino: xeorxiano Masculino plural: xeorxianos Feminino: xeorxiana Feminino plural: xeorxianas
    1. adx Relativo ou pertencente a Georgia (EE UU) ou aos seus habitantes.
    2. s Natural ou habitante de Georgia (EE UU).
    1. adx Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á sua lingua.
    2. s Natural ou habitante de Xeorxia.
  1. ETN
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.
    2. s Individuo do pobo xeorxiano.
    3. s m pl Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso.
  2. s m LING Lingua caucásica, con alfabeto propio, falada en Xeorxia.
  3. s m ARTE/ARQUIT
    1. Estilo propio da arquitectura e das artes decorativas en Reino Unido durante os reinados dos Xurxo (1740-1820).
    2. Estilo arquitectónico das colonias inglesas de América desde 1700 ata a súa independencia.