xene

< formación culta a partir do lat genus ‘orixe’
Plural: xenes
  1. s m XEN Unidade hereditaria elemental formada por un fragmento de ADN que se atopa nos cromosomas e que é portadora da información xenética sobre un determinado carácter.
  2. xene dominante XEN Xene que, nunha combinación heterocigótica, é o único que se manifesta.
  3. xene estrutural XEN Xene que porta información para unha cadea polipeptídica específica.
  4. xene letal XEN Xene que determina a morte prematura do organismo que o porta.
  5. xene recesivo XEN Xene que non se manifesta nunha combinación heterocigótica.
  6. xene regulador XEN Xene que regula o funcionamento dos xenes estruturais.
  7. xene saltador XEN Segmento de ADN que se pode transportar a outra molécula de ADN.
  8. xene silencioso XEN Xene que non se manifesta na transcrición xenética.
  9. xenes complementarios XEN Conxunto de dous ou máis xenes independentes en que o alelo dominante dun deles se expresa no fenotipo só cando os alelos dous outros xenes son tamén dominantes.