volume

< lat volūmĭne
Plural: volumes
    1. s m Porción de espazo ocupada por un corpo.
    2. s m MAT Tamaño ou medida da porción do espazo ocupado por un corpo nas tres dimensións, longo, largo e alto.
    3. volume específico FÍS Magnitude que expresa o espazo ocupado pola unidade de masa. No SI mídese en m 3 /kg.
    4. volume molar FÍS olume ocupado pola molécula-gramo dun gas.
    5. volume residual FISIOL olume de aire que queda nos pulmóns despois da expiración máxima.
    6. volume sanguíneo FISIOL volemia.
  1. s m
    1. Reunión de follas manuscritas ou impresas encadernadas xuntas.
    2. Disco ou conxunto de discos que se venden formando un conxunto.
    3. PALEOG Conxunto de tiras de papiro ou de pergameo enroladas para escribir nelas un texto continuo en columnas.
  2. s m Intensidade dun son.
  3. s m ECON Suma ou conxunto total de cada unha das magnitudes ou actividades económicas.