vixilia

< lat vigilia
Plural: vixilias
  1. s f
    1. Feito de estar alguén en vela pola noite sen poder durmir.
    2. Estado da persoa que non dorme.
    3. Tempo durante o que alguén permanece neste estado.
  2. s f RELIX
    1. Día que precede, sobre todo a noite, ás festas importantes do ano litúrxico.
    2. Xaxún que se fai no día anterior a unha festa litúrxica.
  3. s f HIST Cada un dos catro espazos de tres horas en que antigamente se dividían as doce horas da noite, antes da posta de sol ata a chegada da alba.