vesícula

< lat vesicŭla, dim de vesīca ‘vexiga’
Plural: vesículas
    1. s f ANAT Órgano en forma de cavidade ou de saco.
    2. vesícula biliar ANAT Saco piriforme, que se sitúa baixo a cara inferior do fígado e ten a función de almacenar a bile segregada polo fígado.
    3. vesícula seminal ZOOL Parte do aparato reprodutor masculino onde se almacenan os espermatozoides e se produce o seme.
  1. s f BOT Cavidade pequena dos tecidos vexetais, chea de humor ou aire.