veo

< lat velu
Plural: veos
  1. s m
    1. Anaco de tecido para tapar unha cousa.
    2. Tecido moi fino e pouco denso de diversos materiais.
  2. ANAT
    1. s m Membrana semellante a un veo.
    2. veo do padal/palatino Órgano músculomembranoso, co lado superior fixo na parte posterior da bóveda palatina e co lado inferior libre sobre a base da lingua.
  3. s m Aquilo que cobre ou oculta.