velocidade

< lat velocĭtāte
Plural: velocidades
  1. s f Calidade de veloz.
  2. FÍS
    1. s f Relación entre a variación que experimenta un parámetro característico dun sistema físico, xeralmente o espazo percorrido, e o tempo transcorrido para a produción desta variación.
    2. velocidade angular Magnitude que representa a variación do ángulo percorrido por un móbil ao redor dun punto na unidade de tempo. Mídese en rad/s no SI, e máis correntemente en rpm.
  3. AERON
    1. velocidade de aterraxe elocidade máxima do avión na aterraxe que fai que a sustentación sexa insuficiente e toque terra.
    2. velocidade de seguridade elocidade mínima a partir da que o piloto pode manter o control absoluto do avión sobre os tres eixes.
  4. velocidade radial ASTRON Proxección da velocidade dun astro sobre o eixe definido pola recta que une a Terra co astro.

Refráns

  • O home peludo é home forzudo e barbudo.