arsenical

< arsénico
Plural: arsenicais
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao arsénico.
    2. Que contén arsénico.
  2. s m QUÍM Substancia de aplicación terapéutica que contén arsénico na súa molécula.
  3. caldo arsenical Insecticida que se prepara a base de arseniatos de chumbo e calcio con auga e melazas.
  4. cebo arsenical Cebo que se emprega para atraer insectos.
  5. níquel arsenical MINERAL niquelina.