variedade

< lat varietāte
Plural: variedades
  1. s f Trazo dun conxunto que presenta compoñentes diferenciados entre si.
  2. s f Cada unha das diferentes clases dunha cousa.
  3. s f Feito de non ser iguais algunhas cousas.
  4. s f BIOL Categoría taxonómica inferior á especie e á subespecie e superior á forma.
  5. s f pl IMAX Espectáculo formado por números artísticos independentes.

Citas

  • Coñece todas as variedades de peras
  • Nesta libraría non hai variedade de libros