variación

< lat variatĭōne
Plural: variacións
  1. s f Acción e efecto de variar.
  2. s f Cambio que sofre algunha cousa ao longo do tempo ou durante un proceso.
  3. s f MÚS Transformación dunha composición musical sen afectar a súa identidade.
  4. s f MAT Sucesión de n elementos dun conxunto m de elementos que son diferentes dous a dous.
  5. s f ASTRON Perturbación periódica do movemento da Lúa.

Refráns

  • Vento ventiño, vento venteiro, hoxe rosmón e mañá falangueiro.