vaíña

< lat vagīna
Plural: vaíñas
  1. s f Estoxo da folla dunha espada, dunha daga, dun puñal e doutras armas, e de certos instrumentos cortantes ou aguzadas.
  2. s f BOT Envoltura membranosa e laminar que cobre as sementes de certas plantas como as fabáceas.
  3. s f Dobrez no bordo dunha peza de roupa, por onde se fai pasar unha fita ou unha goma.
  4. s f ANAT Estrutura anatómica, máis ou menos tubular, que envolve totalmente ou parcialmente un órgano.

Palabras veciñas