urocordado -da

< 1 uro- + cordado
Plural: urocordados Masculino: urocordado Masculino plural: urocordados Feminino: urocordada Feminino plural: urocordadas
  1. adx Relativo ou pertencente aos urocordados.
  2. s m ANIMAL Animal do filo dos urocordados.
  3. s m pl ANIMAL Filo de animais que presenta, en estado larval, un cordón nervioso dorsal, un notocordio e fendas branquiais e, en estado adulto, unha cuberta ou túnica e fendas branquiais modificadas.