unión

< lat unĭōne
Plural: unións
  1. s f Acción e efecto de unir ou unirse.
  2. s f Punto onde entran en contacto dúas cousas e forman un todo.
  3. s f Asociación de persoas ou entidades que teñen intereses, problemas e fins comúns.
  4. s f MAT reunión.
  5. s f MED Consolidación das partes dunha ferida ou dos fragmentos dun óso.
  6. s f FÍS Zona de transición que se manifesta ao poñer en contacto un semicondutor e outro material de propiedades diferentes.

Refráns

  • Cando dúas vontades están conformes, de pouco serven os revolvedores.
  • O trigo que non se xunta na leira, xúntase na eira.