unidade

< lat unĭtāte
Plural: unidades
  1. s f
    1. Calidade dun grupo de persoas ou cousas que presentan concordancia ou converxencia.
    2. Calidade dunha obra artística que presenta harmonía entre os seus elementos ou partes.
    3. POLÍT Unión política dun pobo nun só estado ou nunha soa nación, coa vontade e consciencia de todos os cidadáns de estar unidos e concordes.
  2. s f Calidade daquilo que constitúe un todo non divisible en partes.
  3. s f
    1. MAT Número enteiro máis pequeno, o 1.
    2. METROL alor dunha magnitude que se toma como termo de comparación para medir as magnitudes da mesma natureza ou especie.
    3. unidade internacional [UI] MED Cantidade dunha determinada substancia que produce un efecto biolóxico especificado de acordo cunhas normas e prescricións fixadas por organismos internacionais.
    1. s f Cada un dos elementos que forman parte dun conxunto.
    2. s f BÉL Fracción, constitutiva ou independente, dunha forza militar coa capacidade para manobrar baixo as ordes do seu xefe.
    3. unidade de vixilancia intensiva/coidados intensivos [UVI/UCI] MED Departamento dun hospital onde se prestan coidados e vixilancia constantes aos enfermos máis graves.