tungús

Plural: tungúses
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo tungús ou ás súas linguas.
  2. s ETN Individuo do pobo tungús.
  3. s m pl ETN Pobo de raza mongoloide diseminado por un amplo territorio entre os Urais, o océano Pacífico, o océano Ártico e a fronteira de China.
  4. s m LING Grupo de linguas altaicas que se falan nos territorios da República de Iacutia e do okrug autónomo de Evenki.