túmulo

< lat tumŭlu
Plural: túmulos
  1. s m ARQUEOL/ARTE Monumento sepulcral en forma de outarelo de terra ou de pedras construído sobre unha tumba, que é propio da cultura megalítica.
  2. s m Monumento funerario que se levanta no lugar onde se enterra a alguén.
  3. s m RELIX Catafalco cuberto de teas de loito sobre o que se coloca o cadaleito, que se erixe para a celebración das exequias.
  4. s m Lugar reservado dunha casa mortuoria onde a xente vela polo defunto.