smElemento baleiro de sección xeralmente constante que serve para transportar distintas substancias ou materiais.
tubo de ensaioQUÍMTubo de vidro pechado por un extremo, de fondo redondo e dimensións diversas que se emprega no laboratorio.
tubo de escapeTECNOLTubo polo que se expulsan os gases de combustión do motor dos vehículos motorizados.
TECNOL
smPeza baleira máis longa ca larga que se emprega para usos diversos.
tubo de imaxeTubo de raios catódicos que se emprega nos receptores de televisión.
tubo de raios catódicosTubo de feixe electrónico que desvía o feixe para que incida sobre unha pantalla fluorescente e produza nela un punto luminoso variable.
tubo electrónicoDispositivo electrónico constituído por dous electrodos ou máis, baleiro no seu interior, ou ben por un gas determinado, a través do que ten lugar a condución da corrente eléctrica mediante o movemento dos electróns entre os electrodos.
tubo fluorescenteLámpada de descarga onde a luz se produce pola emisión dunha substancia fluorescente disposta no interior e excitada pola radiación ultravioleta da descarga.
smBIOLParte, órgano ou estrutura que ten forma de canón ou peza cilíndrica.
tubo de MalpighiZOOLElemento do sistema excretor que é característico de artrópodos terrestres.
tubo dixestivoZOOLConduto formado pola boca, o esófago, o estómago e os intestinos, ata o ano.
tubo polínicoBOTEvaxinación tubular do contido do gran de pole, que se forma ao xerminar este no estigma.