trompa

< orixe onomatopeica
Plural: trompas
    1. s f MÚS Instrumento musical aerófono de embocadura de embude, cun tubo longo e estreito enroscado, que se vai ensanchando gradualmente.
    2. s Persoa que toca este instrumento.
  1. s f ZOOL Prolongación muscular tubular longa e flexible do nariz do elefante que lle serve como órgano prénsil.
  2. s f ENTOM Aparato zugador contráctil que teñen moitos insectos.